CONCERTO DE CANTARES DO BRUEIRO
• Domingo 26 de maio, ás 19:00 horas, no auditorio de Goián
Ricardo Rodríguez Vicente / Goián (Tomiño)
"Si cantas, es ti que cantas (...)", dínos Rosalía de Castro, nosa Poeta Nacional, no seu poema "Negra Sombra", incluído no poemario "Follas Novas", publicado en 1880.
Eses versos son tamén o fío condutor do concerto que Cantares do Brueiro vai ofrecer este domingo día 26 de maio, ás 19:00 horas, no auditorio de Goián.
Concerto que vai ser un magnífico xeito de lembrar unha frutífera andaina deste proxecto musical - coordinado polo cantautor Tino Baz Baz -, comprometido coa posta en valor da canción popular galega.
Voces de mulleres e de homes, e notas de acordeón, gaita, guitarra, percusión,..., son os ingredientes que fan de Cantares do Brueiro todo un referente que xurdiu nun obradoiro de canto, en Camposancos, e que desde fai unha década alégranos á vida en cada concerto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario