NOVA MOBILIZACIÓN NO SECTOR DA LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DE PONTEVEDRA
• Este mércores 22 de maio de 2024, ás 11:00 horas, diante das instalacións da empresa LHYP (rúa Alcalde Lavadores, 122. Vigo).
Infogauda / Vigo
A CIG, CCOO e UGT convocan unha nova mobilización no sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra para reclamar unhas condicións laborais dignas e denunciar o bloqueo das negociacións para renovar un convenio que leva caducado dende o 31 de decembro de 2022. Tras 16 xuntanzas non foi posíbel o acordo porque a patronal négase a introducir a cláusula de revisión salarial e a reducir a xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario