31 de maio de 2024

DEPORTES

I TRAIL CAMPOSANCOS Ó SOLPOR

Celebrarase o sábado 22 de xuño de 2024, a partir das 19:00 horas, desde o Campo Multiusos de Codesal




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos (A Guarda)

 A  asociación Rego de Bicosán - nada a carón da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Campsoancos - en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda organizan o I Trail Camposancos ó Solpor, que terá lugar o sábado 22 de xuño de 2024, a partir das 19:00 horas. 

 A proba entra dentro da especialidade atlética da carreira de montaña e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo, baixo a normativa oficial das carreiras de montaña. 

 As probas (trail curto, trail longo, e andaina) sairán a carón do Campo Multiusos Codesal, en Camposancos (A Guarda).

 Existe un límite de prazas para cada modalidade: 250 para o trail curto e outras 250 para o trail longo; e 150 para á andaina.

 As distancias serán ás seguintes: 

Trail longo: 17 km; trail curto: 8,5 km; e andaina: 8,5 km. 

Inscricións:

 Ata as 23:59h do luns 17 de xuño de 2024. 

Os importes das inscricións son os seguintes:

15 euros para o trail longo (ata o día 3 de xuño, ás 23:59 horas), e 17 euros nos días seguintes.

 7 euros para o trail curto (ata o día 3 de xuño, ás 23:59 hora), e 8 euros nos días seguintes.

 6 euros para a andaina.

 Ligazón para ás inscricións.

Recollida de dorsais 

 Os dorsais poderán recollerse nas instalacións do Campo Multiusos de Codesal o sábado 22 de xuño,  de 17:00 a 19:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario