31 de maio de 2024

A GUARDA

Andaina de identificación de flora e fauna 

O día 9 de xuño, ás 10:30 horas, na casa forestal da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos 




Infogauda / A Guarda

 Dentro das actividades incluídas no ciclo “Sostendo o futuro IV”, o departamento de Medio ambiente do Concello de A Guarda, en colaboración coa axencia ambiental Biofhilia, organiza unha andaina de identificación de fauna e flora. 

 Trátase dunha actividade dirixida para todos os públicos. 

 O lugar de encontro será na casa forestal da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos (Subida ao Torroso - O Castro), o día 9 de xuño ás 10:30 horas, e terá unha duración aproximada de 90 minutos. 

 As persoas que participen nesa actividade poderán adquirir coñecementos sobre a fauna e a flora que  temos preto.

 Recoméndase levar roupa axeitada coa climatoloxía.  

 As persoas interesadas deberán apuntarse para a actividade a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou do teléfono 986 610 000.

 As prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario