9 de maio de 2024

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA HABILITOU UNHA SALA DE ESTUDO 

 Atópase no piso primeiro do antigo edificio que albergou durante varios séculos a sede do Concello de A Guarda 


A sala atópase no piso primeiro do antigo edificio que albergou durante varios séculos a sede do Concello de A Guarda

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, fixo público no día de hoxe, que o Concello vén de habilitar unha sala de estudo na antiga sede do concello sita na Praza do Reló do municipio.

 A sala atópase - segundo indicou o alcalde - no piso primeiro do antigo edificio que albergou durante varios séculos a sede do Concello de A Guarda e onde, actualmente, están as dependencias municipais da Policía Local e a oficina de Turismo.

 Este espazo foi acondicionado como aula de estudo para as persoas que preparan exames ou oposicións e dispón de conexión wifi. A súa apertura comezou este xoves día 9 de maio.

 O horario comprenderá ininterrompidamente desde as 8.00 ata as 22:00 h de luns a venres, e os sábados de 8:00 a 14:00 h.

 Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, manifestou que “era unha necesidade imperiosa e demandada que o concello da Guarda ofrecese un espazo habilitado para estudantes, investigadores e opositores”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario