3 de xan. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda promove a campaña ‘Escudo frondoso’ 

• Que dará máis de 800 árbores para protexer os bosques   



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda lanza a campaña “Escudo frondoso” para protexer os bosques e o medio ambiente, implicando a todas as xeracións.  

 Durante o pasado magosto, o alumnado dos diferentes colexios de A Guarda apartaron algunhas da súas castañas para xerminalas e coidalas. Agora, e xunto con outras 800 árbores aportadas polo Concello, esas árbores servirán para protexer a vila creando un escudo frondoso e diverso para previr incendios e a invasión de plantas pirófitas como a acacia.  

 Estas árbores distribuiranse entre os propietarios das parcelas que se atopan na faixa de prevención de incendios e teñan estas ben xestionadas. Para solicitalas, poden facelo a través do rexistro do Concello ou da sede electrónica, indicando o polígono e parcela e unha foto actual (último ano) da mesma.  

 As persoas interesadas teñen ata o día 20 de xaneiro para solicitalo. Ademais, os máis pequenos recibirán unha charla sobre a prevención de incendios e sobre as árbores frondosas, para que coñezan como eles tamén poden axudar, xa que a protección do medio ambiente é un deber de toda á cidadanía. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario