9 de abr. de 2024

TOMIÑO

O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO PRONÚNCIASE RESPECTO ÁS FUGAS DE AUGA LIMPA O SEU PASO POR TOMIÑO


Maquinaria e operarios intervientes na reparación da fuga de auga existente ao longo de varios meses, no arcén da estrada PO-352, á altura da parroquia de Figueiró (Tomiño), no sentido da marcha en dirección á Goián


 Agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño

 Desde o grupo socialista de Tomiño lamentamos esta guerra de comunicados, parecendo que cada un dos grupos andan a outras cousas mais que a traballar polas veciñas e veciños de Tomiño. 

 É certo que as concelleiras socialistas votaron a favor da moción no pleno, sería un erro que o concello costee esa reparación nunha instalación de dubidosa titularidade e da cal benefícianse outros estamentos para dar un servizo polo que cobran, parte dese cobro tería que utilizarse para mantemento e reparación. Ademais xeraría un perigoso precedente para o noso Concello. 

 Desde o noso grupo lamentamos que se faga ver que a reparación de Figueiró foi gracias as reclamacións do Concello. O certo e que foi un membro do noso equipo o que durante 6 meses sen descanso estivo a chamar ou visitando a multitude de estamentos. Tui, Vigo, Santiago ou incluso Madrid, ata que recibiu a confirmación afirmativa de reparación o cal avisaron e puido acompañar os técnicos. Na moción do pleno as concelleiras socialistas recriminaron, unha vez mais e non so con este asunto, a falta de perseveranza do Concello e dos seus gobernantes a hora de reclamar as diferentes administracións competentes. En moitos estamentos e administracións quedamos sorprendidos cando nos din que non tiñan coñecemento das diferentes reclamacións, como pasou con este tema. Como cargo e asalariados do Concello forma parte dos seus deberes, ao igual como levan xa moitos años pensan que o concello e deles e xa non teñen que render contas a ninguén? Tamén se puido escoitar en pleno os concelleiros do BNG afirmar que a reparación de Figueiró non estaba feita e o único que se fixo foi reparar o firme, asegurando que existen filtracións. Total descoñecemento do que está a pasar no Concello? 

 Asunto para pensar, o do Partido Popular de Tomiño, totalmente incoherente o que fai. Non se pode votar a favor da urxencia da moción e despois criticar a urxencia. Despois vota a favor da moción de reclamar ao Consorcio estas reparacións e despois dicir a veciñanza que a ten que reparar o concello ¿Por qué non votaron en contra entón? Comezamos a pensar que o Partido Popular de Tomiño móvese en termos políticos e non por necesidades dos veciños de Tomiño. Recordamos que o Consorcio de Augas [do Louro] que usa esa tubaxe está en mans do seu grupo político, sendo o presidente o alcalde de Porriño e tendo maioría no seu consello directivo. Teñen medo de enfadar a alguén tras votar a favor? 

 Desde o noso grupo seguimos ofrecendo votar unha man en todo o que sexa mellorar o día a día dos veciños de Tomiño sen importar as cores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario