NINJABABY, NO CINECLUB POLEIRO, DE GOIÁN
• O xoves 4 de abril, ás 20:30 horas, no auditorio municipal de Goián
Rita Alonso / Goián
O xoves, 4 de abril, ás 20:30 horas, no auditorio municipal de Goián, o cineclub Poleiro proxectará NINJABABY, unha comedia dramática dirixida por Yngvild Sve Flikke. Unha película norueguesa que trata da maternidade.
Sinopse: Aos 23 anos, a vida de Rakel muda por completo cando se entera, pode que un pouco tarde, de que está embarazada. Rakel é ilustradora e gústalle involucrarse en novos proxectos pero ¿en criar un bebé? Non ten interés algún en ser nai e antes de tomar unha decisión comeza a debuxar un ninjababy que a traerá de cabeza.
Premio: Mellor Comedia nos premios do Cine Europeo.
As críticas destacan o sentido do humor nun tema serio abordado con sensibilidade.
O xoves 9 de maio chegará Scarlet, dirixida por Pietro Marcello. Un drama romance que conta a historia dunha nena apaixoada pola música que agarda que se cumpra unha profecía que a levara lonxe. Adapta unha novela gráfica.
Pechará o ciclo, o 6 de xuñounha comedia dramática multipremiada, a finlandesa Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki. Aborda o emprego, a soedade, e o alcoholismo nunha particular relación de parella.
As proxeccións son ás 20:30 no auditorio municipal de Goián
Ningún comentario:
Publicar un comentario