FÚTBOL
Segunda Galicia – Grupo 2
O SPORTING GUARDÉS ENFRONTARASE AO GOIÁN, C. F.
• Este domingo, 7 de abril ás 17:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo do tropezón (0-3), fronte ao C.D. Caldelas, acontecido na xornada 26, no Estadio Municipal A Sangriña, e da vitoria (2-4), no feudo do Vila do Corpus; e tralo descanso do domingo de pascua, en que non houbo competición; o Sporting Guardés prepárase para o encontro deste domingo día 7 de abril, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, no que medirase fronte ao Goián, C.F..
O equipo visitante, situado na 6ª posición da táboa clasificatoria ten logrado 44 puntos, nos 27 encontros disputados, habendo conseguido 13 vitorias, 5 empates e 9 derrotas. No que respecta a goles, fixo 52 e encaixou 46.
O Sporting Guardés, que está situado na 2ª posición da táboa, ten 56 puntos, 2 menos que o Gondomar, C.F., que lidera provisionalmente á clasificación, e 6 máis que o Erizana, C.F. que atópase na 3ª posición.
O conxunto de A Guarda contabiliza polo de agora 17 vitorias, 5 empates e 5 derrotas. Logrou anotarse 57 goles e encaixou 30.
Ata este momento, tanto o Sporting Guardés como o Goián, C.F. levan feito unha boa temporada. Dese xeito, o encontro desta vindeira xornada vai ser de máxima rivalidade comarcal, e o resultado é, a priori, totalmente imprevisible, como non pode ser doutro xeito.
Por todo o referido anteriormente, o conxunto local vai ter que poñer toda súa intelixencia e toda súa vitalidade ao servizo do seu mellor fútbol, se quer continuar no chanzo actual da clasificación, e mesmo aspirar a voltar a liderala.
E a receita para o equipo visitante vén sendo prácticamente á mesma, ainda que á diferencia na táboa é a que antes indicamos, que en fútbol non é tanta.
Dito isto, facemos un chamamento aos seareiros, tanto guardesistas como goianeses, para que acudan ao Estadio Municipal A Sangriña, porque se a climatoloxía non o impide, será unha tarde óptima para gozar co fútbol que cada equipo sabe realizar e que probablemente vai ser moi emocionante e digno de ver. E, como é natural, que gañe o mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario