23 de abr. de 2024

A GUARDA

As obras de pavimentación da rúa Enrique María Sesto

 Comezarán este mércores, 24 de abril




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público que este mércores 24 de abril a rúa Enrique María Sesto permanecerá cortada ao tráfico durante todo o día.  

 Nese tramo renovarase o asfalto e mellorarase a seguridade.  

 A actuación enmárcase no plan de mellora da seguridade viaria do concello.  

 A Policía Local será a encargada de habilitar os desvíos pertinentes e durante todo o día estará atendendo o tráfico rodado da zona para evitar a conxestión de tráfico e garantir o bo desenvolvemento da actuación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario