12 de abr. de 2024

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PIUEIRO LEVA A GAMELA "MINXOS" A VILA DO CONDE

 Para participar no XII Encontro de Embarcaçôes Tradicionais e a IX Exposiçâo - Mostra de Embarcaçôes Tradicionais


Momento no que membros da Asociación Cultural de Embarcacións Tradaicionais Piueiro amarran a gamela "Minxos" para partir por estrada rumbo á Vila do Conde
Foto: Joaquín Cadilla


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Promovida pola Associaçâo de Ex-Marinheiros da Armada de Vila do Conde, nesta fin de semana - 13 e 14 de abril de 2024 - vai ter nesa cidade portuguesa, o XII Encontro de Embarcaçôes Tradicionais e a IX Exposiçâo - Mostra de Embarcaçôes Tradicionais.

 No XII Encontro de Embarcaçôes Tradicionais participará á gamela "Minxos", da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda, que foi traslada en remolque, por estrada.

 Os actos preliminares comezan este venres coa recepción das embarcacións no Largo da Alfándega, e continuará cunha cea no Restaurante "O Monte", sito na Avenida Bernardino Machado, 124.

 Na xornada do sábado, ata ás 9:00 (hora portuguesa), continuará á recepción de embarcacións. A continuación, dende ás 10:00 (hora portuguesa), inicio da navegación do XII Encontro de Embarcaçôes Tradicionais, presidida por unha nave quinhentista.

 Asemade, momentos despois, no Largo da Alfándega, será inaugurada a IX Exposiçâo - Mostra de Embarcaçôes Tradicionais.

 As actividades continuarán de 11:00 a 13:00, con navegación libre dentro do programa do XII Encontro de Embarcaçôes Tradicionais. 

 Posteriormente, de 13:00 a 14.30 horas, haberá un xantar na devandito restaurante.

 Por outra banda, desde ás 15:00 ás 18:15 horas, no Auditorio Fluvial haberá dúas conferencias. A primeira leva por título "A devoçâo de um piloto de Vila do Conde", e estará a cargo de José António Salazar Ribeiro, licenciado en Historia.

 A segunda conferencia, versará sobre o tema "Embarcaçôes Tradicionais do Tejo". Nesta ocasión o orador será Rodrigues Pereira, capitán Mar e Guerra e ex-director do Museu da Marinha de Lisboa.

 Entre ás 19:00 e ás 20:00 horas, terá lugar a cea. Ao remate da mesma dará comezo a Regata / Desfile luminoso, cuxo inicio será fronte a CMIA e o remate será xunto o monumento á rendilheira (en galego, palilleira).

 Na xornada do domingo, continuará a IX Exposiçâo - Mostra de Embarcaçôes Tradicionais, de 8:00 á 10:00 horas; de 10:00 á 11:00 navegación; de 11:00 á 13:00 horas, 1ª Regata de Embarcaçôes Tradicionais, con premios para as tres primeiras embarcacións; e de 13:30 a 15:00 horas, xantar de clausura do evento no devandito restaurante. 

 Concluímos salientando que á participación da gamela "Minxos", no XII Encontro de Embarcaçôes Tradicionais e a IX Exposiçâo - Mostra de Embarcaçôes Tradicionais, vén a marcar un novo fito na brillante traxectoria da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda. Unha entidade que non soio logrou recuperar o volanteiro guardés - e evitar a desaparición da gamela tradicional, así como unha boa mostra da etnografía marítima de noso -, senón que mantén vivo o relato dos mariñeiros guardeses de outrora, grazas a todos os integrantes e colaboradores de Piueiro que - como un milagre feito realidade - coidan o elo entre aqueles homes afoutos e as xeracións posteriores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario