16 de abr. de 2024

A GUARDA

BALONMAN FEMININO

O equipo infantil do Atlético Guardés, campión de Galicia


Momento de celebración do equipo infantil do Atlético Guardés, tras quedar esta fin de semana campioas de Galicia

Foto: FB

Redacción Deportes / A Guarda

 O Concello de A Guarda quere sumarse ás felicitacións ao equipo infantil do Atlético Guardés tras quedar esta fin de semana campioas de Galicia. 

 Despois dunha intensa tempada o equipo proclamouse campeón na última xornada tras vencer o Coreti Lalín 24-9. 

 Con este título o equipo asegura a súa presenza na fase de sectores do Campionato Estatal de Clubes na categoría infantil femenina. 

 Noraboa e grazas as nosas pequenas guerreiras e o corpo técnico de parte de todas e todos os guardeses!

Ningún comentario:

Publicar un comentario