15 de abr. de 2024

A GUARDA

Quince usuarios da Asociación San Xerome Emiliani participarán no XXVIII Campionato Galego de Natación Adaptada 

 A competición levaráse a cabo na Piscina Municipal de Mos, o vindeiro mércores 17 de abril nun horario de 10:30 a 14:00h 


Foto: A.S.X.

Redacción Deportes / A Guarda

 Membros da Asociación San Xerome Emiliani, de A Guarda, participarán no XXVIII Campionato Galego de Natación Adaptada. A competición - organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado - vai levarse a cabo o mércores 17 de abril nas instalacións da Piscina Municipal de Mos, nun horario de 10:30 a 14:00h. 

 A entidade guardesa irá representada por 15 integrantes que participarán en diferentes categorías. De maneira individual, tres deles competirán en categoría Xogo masculina 25 metros libres e sete en 50 metros libres Adaptada. Na mesma modalidade - 50 metros libres Adaptada - participarán tres usuarias en categoría feminina. 

 Outro dos usuarios participará en dúas modalidades, 50 metros libres Adaptada e 50 metros Braza Adaptada. 

 De maneira grupal, a Asociación San Xerome estará representada por dous equipos masculinos en substitucións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario