20 de feb. de 2024

GONDOMAR

Presentacións desta semana: Revista de Estudos Miñoráns nº 23 e Campo de Pullas




IEM / Gondomar 

 O vindeiro xoves 22 de febreiro deste 2024, ás 20h, no local do IEM  - Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10 -, terá lugar a presentación da Revista de Estudos Miñoráns nº 23 (2024).  O acto será presentado por Xosé Ramón García e participarán ademáis 5 dos autores que publicaron na revista deste ano, algúns deles farán un breve relato da súa aportación. 

 Contaremos con acompañamento músical a cargo de Son do Val. 

 Para rematar os actos desta semana, o venres 23 de febreiro, ás 20h, o Grupo de Promoción do Uso do Galego do Instituto de Estudos Miñoráns continúa celebrando a riqueza literaria do Val de Miñor co Ciclo Literario Miñorán (CLM), neste caso ca presentación do libro Campo de Pullas, de Miguel Anxo Mouriño.  

 O acto será presentado por Carlos Méixome e terá lugar no local do IEM (Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario