25 de feb. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

 MÚSICA E PALABRAS

 O venres día 1 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Música e Palabras, esa brillante iniciativa que xurdíu no seo da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, volta este venres día 1 de marzo de 2024. Será ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, sita na rúa Outeiro, 40 A. Sen dúbida un acolledor punto de encontro interxeneracional, aberto a todas ás persoas que desexen ler un fragmento escollido dunha obra literaria, recitar poemas ou mesmo interpretar música. Todo iso, nun ambiente de amizade, cultura, inspiración e sociabilidade.

 E nesta ocasión, pola cercanía coa data conmemorativa do nacemento de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 23 de febrero de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885), a escritora e poeta que mellor representa á muller avanzada, inconformista, libre e valente - verdadeiro emblema de Galicia -; ben podería dar lugar a unha íntima homenaxe na súa lembranza. É, obviamente, unha suxestión.

 En todo caso, Música e Palabras é un espazo aberto para todas ás persoas que desexen compartir súas respectivas sensibilidades, achegando o galano das súas presenzas, seus acordes e súas verbas. E por encima de todo, facelo nun ambiente onde prima a ledicia de sentirnos vivos.

 Como vén acontecendo nesta nova etapa de Música e Palabras, a cantautora María José Baz Martínez, aportará súa grata presenza e as notas músicais da súa guitarra como pano de fondo das diferentes intervencións orais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario