11 de xan. de 2024

BAIONA

Alfonso Villares pon a disposición da confraría de Baiona os recursos da Xunta de Galicia 

 Pola chegada das bólas de plástico e amosa un respaldo total aos profesionais do mar 


O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado por Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta en Vigo, visitou onte Baiona onde mantivo un encontro co alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, así como cos responsables da confraría de pescadores e o presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas

Foto: X.G.

Infogauda / Baiona

 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado por Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta en Vigo, visitou onte Baiona onde mantivo un encontro co alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, así como cos responsables da confraría de pescadores e o presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas, dentro da rolda de contactos que está a realizar con representantes do sector marítimo-pesqueiro e cos concellos para avaliar a situación provocada pola chegada das  bólas de plástico que se atopaban nun dos seis contedores perdidos polo buque Toconao en augas portuguesas o pasado 8 de decembro.

 Desde este día o Goberno central tivo coñecemento do suceso, polo que, sinalou, leva un mes e dous días sen actuar para atallar a contaminación no mar, que é a súa competencia exclusiva. O compromiso da Xunta é o de continuar traballando e limpando as praias, trasladando ao sector toda a información existente sobre a situación. Ao mesmo tempo, o titular de Mar manifestou o total apoio da Administración galega a toda a xente do mar ante o alarmismo xerado ante o incidente, sinalando que se vai a traballar para evitar que esta negativa imaxe acabe afectando ao consumo e, por tanto, o medio de vida de todas as persoas que viven da actividade marítimo-pesqueira en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario