A CIG-Industria ten convocada unha concentración
Para este xoves 28 de decembro, ás 10:30h, diante do Concello de Vigo
Infogauda / Vigo
A CIG-Industria ten convocada para este xoves 28 de decembro, unha concentración ás 10:30h diante do Concello de Vigo (Praza do Rei s/nº), en resposta á situación de deterioro da automoción e reclamar do Goberno municipal unha actuación decidida na defensa do futuro deste sector.
"Con esta protesta tamén se quere denunciar o mutismo do alcalde ante a decisión de Stellantis de instalar a tan demanda planta de baterías en Zaragora, así como a política económica e laboral que aplica o Concello, apostando por transformar unha cidade industrial como Vigo "nun parque de atraccións" centrado no sector servizos e na precariedade laboral e salarial", afirmou Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional da CIG-Industria.
"A concentración enmárcase na compaña de información, concienciación e mobilizacións que a CIG-Industria ten en marcha en defensa da automoción galega ante a incerteza que enfronta o sector como consecuencia da falta dunha política industrial de país e da ausencia de proxectos relacionados co vehículo eléctrico", engadiu Xoán Xosé Bouzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario