26 de dec. de 2023

OIA

Compostaxe doméstica, clave para a redución do lixo en Oia  

 O Concello de Oia proporcionará, de balde, composteiros e asesoramento para que a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, poida autoxestionar os residuos orgánicos que se producen no fogar 



Infogauda / Oia

 Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.   

 É por este motivo polo que, dende o Concello, anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica. Grazas a ela, no só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.  

 Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.  

 Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario