ACTUACIÓN DE BIEITOSOLO
• Este sábado, 23 de decembro, ás 17:00 horas, na praza de San Amaro
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Bieitosolo - nome artístico do músico Bieito Álvarez - vai ofrecer unha actuación no seu pobo de nacenza: Camposancos.
O evento, organizado pola Entidade Local Menor de Camposancos, coa colaboración da asociación Gorghalado e a Deputación de Pontevedra; terá lugar este sábado 23 de decembro, ás 17:00 horas, na praza - antigo terreiro - de San Amaro. Alí, dende ese outeiro privilexiado, nunha inigualable cota pola que transitaron nosos ancestros, os primeiros poboadores dese singular enclave dende o cal se toca o ceo coa man, ao tempo que se bican o río Miño e o oceáno Atlántico - "O noso mar" -, cos que os actuais veciños de Camposancos manteñen un elo que faise sentir na súa peculiar oralidade, no amigable trato entre veciños e na formidable acollida aos visitantes, alí decimos, actuará Bieitosolo.
O artista que está onde - e cando - hai que estar, xa sexa arroupando as voces dos poetas; ou as mulleres e homes seguidores do novo cinema galego que acollen con agrado ás presentacións de filmes de Nani Matos, noso cineasta senlleiro; ou que púxolle notas vespertinas aos días de outrora, cando todos estabamos confinados, ese músico vai ofrecer á veciños a visitantes, unha actuación musical que vainos gorentar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario