14 de nov. de 2023

OLEIROS (A CORUÑA)

ACTUALIZACIÓN GUÍA RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE LIXO MARIÑO




CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia / Oleiros (A Coruña)

 A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acaba de publicar a actualización da ‘Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño’, dentro do programa ‘Para unha Transición Ecolóxica’ que desenvolvemos co apoio da Deputación da Coruña. 

 A guía  pretende poñer a disposición tanto dos profesionais da educación, formal e non formal, como das familias, unha selección de documentos cos que traballar a problemática do lixo mariño. Inclúe recursos dispoñibles en formato físico que se atopan en préstamo no noso centro, noutras bibliotecas ou que tamén se poden localizar en librerías, e ademáis recolle materiais electrónicos que se poden descargar directamente dende a Rede.  

 Pode acceder ao documento nesta seguinte ligazón. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario