DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA VIAL
#TodaVidaConta
#NonSonNumerosSonPersonas
Asociación Stop Accidentes / Galicia
Convidámoslles a conmemorar o Día mundial en recordo das vítimas da violencia vial e manifestarnos unidos con todos os países do mundo como nos indica Nacións Unidas e en especial cos países amigos que conforman a Asociación Iberoamericana de Vítimas contra a violencia viaria. FICVI. Todas as vidas contan e é a nosa obrigación e a dos gobernos protexer a vida dos seus cidadáns.
Tal e como consta na Declaración da Comisión de Seguridade viaria da Cámara de Deputados o 12 de novembro 2020, punto 23: Solicitamos ás Administracións que institucionalicen o terceiro domingo de novembro de cada ano como o Día Mundial en memoria das Vítimas de Tráfico, e que apoien as iniciativas das organizacións de vítimas de accidentes.
Os actos terán lugar:
VENRES 17 DE NOVEMBRO
A CORUÑA
· 12h “SEMENTANDO VIDAS” en colaboración cos alumnos do CEIP José Cornide Saavedra plántase unha árbore e repártense sementes da “vida”. Realízase un minuto de silencio
· 13h30 Ofrenda floral no memorial en recordo das vítimas da violencia viaria diante da concellería de mobilidade (Estación de autobuses). Lectura do manifesto e minuto de silencio en presenza das autoridades.
PONTEVEDRA: SANXENXO
· 12h “SEMENTANDO VIDAS” en colaboración cos alumnos do CEIP Plurilingüe A Florida, plántase unha árbore que representa a “árbore da vida”. Realízase un minuto de silencio
DOMINGO 19 DE NOVEMBRO
VIGO
· 11h30 O Grupo Moteiro “4 Amigos” e o colectivo de ciclista reúnense na Praza do Rei, camiño do Balcón de Aragón.
· 12h Ante o Monumento en recordo das vítimas da violencia viaria. (Balcón de Aragón). Lectura do manifesto de STOP Accidentes.
· Panel do Recordo: Espazo #uncompromisopolavida para que os/as asistentes apunten as súas mensaxes, recordos, fotografas etc.
· Ofrenda floral e minuto de silencio acompañado das autoridades.
CANGAS DO MORRAZO
· 13.30h.Paseo da Rodeira, fronte á Casa da Cultura onde está situado o Monumento en recordo das vítimas da violencia viaria.
· Acompañásenos o Grupo Moteiro “4 amigos” procedente de Vigo e as autoridades convidadas.
· Panel do Recordo: Espazo #uncompromisopolavida para que os/as asistentes apunten as súas mensaxes, recordos, fotografas etc.
· Lectura do manifesto de STOP Accidentes.
· Ofrenda floral e minuto de silencio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario