3 de out. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O BNG DEMANDA UNHA RESPOSTA  URXENTE DO ALCALDE DA GUARDA A SEPARACIÓN DE FECAIS E PLUVIAIS NA RÚA SALGUEIRÓ   

Anxo Lois Baz Vicente (voceiro do Grupo Municipal do BNG): “Modificar  o pavimento dunha rúa sen preocuparse da separación das pluviais e das fecais evidencia a falta de criterio de quen o fai”.  


María Mercedes Martínez Vázquez, alcaldesa pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos, con Anxo Lois Baz Vicente, portavoz do BNG no Concello de A Guarda, supervisando in situ as obras da rúa Salgueiró

Infogauda / Camposancos

 O BNG reclámalle ao alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, do Partido Popular, a separación de augas pluviais e fecais na obra de renovación do firme da rúa Salgueiró en Camposancos.  

 En vista de como se están realizando as obras na devandita rúa, o portavoz do BNG no Concello da Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, manifestou: “Modificar o pavimento dunha rúa sen preocuparse de algo tan elemental como é a separación das pluviais e as fecais evidencia a falta de criterio de quen o fai”.  

 Asemade, Baz resaltou: “É aínda máis preocupante que a pesar  da insistencia  da presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos e do vecindario, que desde o primeiro momento reclamaron a separación das pluviais e das fecais, o alcalde da Guarda fora incapaz de dar unha solución satisfactoria a esta intervención, cando ademais é coñecedor de que nas épocas de choiva forte, as arquetas das fecais levántanse e verten directamente os residuos á rúa”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario