25 de xuño de 2023

A GUARDA

 UN PETRÓGLIFO "DESPROTEXIDO"?

Situado na rúa Agustín Nandín Lomba


Ubicación do petróglifo, na rúa Agustín Nandín Lomba
A única protección (?) física do petróglifo é un marco metálico
A xardineira amosa o código dese BIC no Catálogo da Xunta de Galicia
Fotos: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde fai uns cantos anos, temos coñecemento da existencia dun petróglifo situado na rúa Agustín Nandín Lomba (Latitude: 41.9019216936 Lonxitude: -8.87382030487), moi preto do atrio da igrexa parroquial de Santa María de A Guarda.  

 Trátase dunha espiral insculturada sobre pedra, que ten unas dimensións de 22 x 27 cms. de diámetro con suco de 35/2.

 Súa cronoloxía corresponde a Idade do Bronce. É decir, estamos referíndonos a un Ben de Interese Cultural (BIC), cuxa realización pódese situar no II Milenio a. C..

 No catálogo da Xunta de Galicia, o devandito BIC ten o seguinte código: GA - 36023015.

 Como medida "protectora", o devandito petróglifo tivo un vidro de seguridade, con marco metálico. O vidro fai tempo que non existe. Queda tan soio o marco, que pouca ou nula protección achega. Dese xeito, ese BIC está exposto a diferentes tipos de agresións, entre elas o paso de vehículos. Hoxendía algo minorada, dado que un macetón grande limita polo leste e en parte, o acceso de vehículos automóbiles. Con todo esta mesma semana pudemos comprobar in situ como unha furgoneta accedera a esa zona habendo pasado a roda dianteira dereita por riba do petróglifo.

 En definitiva, a efectos reais, o petróglifo está sen protección física. Esa realidade está contribuíndo ao paulatino deterioro e desgaste por fricción, entre outras causas.

 Estamos, pois, diante dunha situación que debera correxirse se realmente queremos conservar o Patrimonio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario