ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/2024
Na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal
Agrupación Musical do Rosal
Do 19 ó 30 de xuño, en horario de 11:30 á 13:30 horas e de 18:00 á 21:00 horas, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2023/2024 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. A Escola de Música da AMDOR está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.
As materias que se imparten son as seguintes:
- Iniciación Musical (de 3 a 7 anos)
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º)
- Solfexo para adultos
- Harmonía
- Análise
- Instrumento. As clases, para alumnos a partir dos 7 anos son individuais e están impartidas por profesorado de cada especialidade: Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo, Percusión, Gaita, Piano e Guitarra.
- Agrupacións:
Minibanda
Banda da Escola
Música de Cámara
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)
Coro de Adultos
Música Tradicional
A escola ofrece descontos do 50 % para os alumnos de 1º curso en instrumentos como Fagot e Trombón e do 100% para Trompa, Bombardino, Tuba e Contrabaixo.
As clases darán comezo o 11 de setembro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados para elección de horarios individuais. Durante o curso realízanse actividades diversas como audicións, festivais, masterclass, colaboracións ou mesmo campamento de fin de curso.
Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792
Ningún comentario:
Publicar un comentario