Últimos días de inscricións para o obradoiro “as abellas e as aromáticas” deste venres na Guarda
• Forma parte das 4 actividades programadas na terceira edición do Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro para os meses de xuño e xullo.
• As inscricións están abertas no 986 61 0000 ou en medioambiente@aguarda.es
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda continúa a terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro” coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.
Este venres día 23 de xuño, ás 17:30h, na Fortaleza de Santa Cruz, realizarase o obradoiro “As abellas e as aromáticas”, especialmente dedicado a crianzas de entre 3 e 12 anos. Terá unha duración aproximada de dúas horas. As inscricións están abertas no 986 610 000 ou en medioambiente@aguarda.es e aínda hai prazas dispoñibles ata completar o aforo.
Xa no mes de xullo, o día 9, ás 18:30h. no Monte Santa Trega, terán lugar os “Baños en natureza”, unha actividade para adultos e crianzas cunha duración aproximada de hora e media.
Tamén en xullo, o día 21, ás 21:15h, na Xunqueira de Salcidos, realizarase a actividade “Bolboretas nocturnas”, cunha duración aproximada de entre tres e catro horas.
Dende a concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas baixo a segunda edición de “Sostendo o futuro”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario