24 de xuño de 2023

GOIÁN (TOMIÑO)

ANTONIO BAÑOS SALDAÑA INAUGURA EXPOSICIÓN DE PINTURA

O próximo venres día 30 de xuño, ás 20:30 horas no Centro Goianés




Centro Goiánes / Goián

 O próximo venres 30 de xuño, ás 20:30 horas, e coincidindo coas festas en Goián, inaugúrase no Centro Goianés unha exposición de Antonio Baños Saldaña. 

 Antonio é un pintor andaluz afincado en Goián desde fai mais de 20 anos e leva inmerso na pintura desde fai 15 anos, aprendendo de forma autodidacta e tendo xa ás súas espaldas mostras en Tui, Ponteareas, A Guarda e Tomiño. 

 Mostraranos algunha paisaxe e bodegóns, pero sobre todo veremos retratos de persoas da súa contorna.

 A exposición poderá visitarse do 30 de xuño ao 16 de xullo de 2023, en horario de 11:00 a 14:00 e de 18:00 á 21:00 horas.

 Luns pechado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario