O metal pontevedrés convoca dúas novas xornadas de folga
Hoxe terá lugar a terceira, mentres que xa hai previstas outras para o mércores 28 e para os días 6 e 7 de xullo
Infogauda / Vigo/Pontevedra
As centrais maioritarias no sector do metal da provincia de Pontevedra acordaron onte convocar dúas novas xornadas de folga para os vindeiros días 6 e 7 de xullo para reclamar un convenio colectivo digno. Hoxe xoves terá lugar a terceira, tras as celebradas os pasados días 15 e 20 deste mes.
Coincidindo coa deste xoves os traballadores/as despregaranse a primeira hora da mañá nas principais empresas e polígonos de Vigo, Pontevedra, O Salnés e o Deza e despois desenvolverán distintas mobilizcións. No caso de Vigo celebrarase unha asemblea no campo de futbito situado nas inmediacións da empresa Panelfa (avenida de Peinador, 74), tras a que arredor das 9:30 se partirá en manifestación de novo cara ao IFEVI, onde se celebra o Mindtech que organiza a patronal Asime.
En Pontevedra haberá concentración pola mañá diante de ENCE e posteriormente mobilizacións polos polígonos de Barro de do Vao. No Salnés terá lugar unha manifestación ás 12:00 horas dende a rotonda das Carolinas até o Concello.
Os piquetes informativos da zona de Lalín, Deza-Tabeirós concentraranse ás 5:30 horas en na empresa Tecglass e ás 6:00 horas en Metaldeza. Ademais, visitarán os poligonos industriais de Lalín, Silleda, Vila de Cruces e da Estrada, e despois desprazaranse a Vigo para participar na manifestación até o IFEVI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario