Terceira reunión entre o PSdeG de Tui e BNG de Tui
BNG / Tui
O BNG de Tui comunica á opinión pública que no día de onte tivo lugar un terceiro encontro entre un equipo do BNG de Tui, encabezado pola súa portavoz, Carme Nuñez, e concelleiros do PSOE, para tratar de chegar a un acordo de goberno para o noso concello.
Nun encontro cordial, tratáronse áreas como Parroquias e Medio rural, Zona Histórica, Comercio, Educación, Formación e emprego ou Eurocidade.
Constatáronse diverxencias moi significativas na área de Urbanismo e nos deseños de espazos públicos.
Acordouse celebrar un novo encontro na vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario