19 de xuño de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Gran actuación dos Sub-10, Nadia Conejo Bascoy e Alan de la Fuente Maculewicz;  e dos Sub-12, Xoel Pérez Montero, Daniela Asensio Lorenzo da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño

No Campionato Galego de Clubs coa nosa filial Escola Atlética Lucense


Xoel Pérez Montero, Marco de la Fuente Maculewizc, Alan de la Fuente Maculewizc, Nadia Conejo Bascoy e Daniela Asensio Lorenzo

Informa:  Sociedade Atlética do Trega

 Este domingo 18 de xuño de 2023, cinco dos nosos atletas da base, desprazáronse ata O Barco de Valdeorras (Ourense) para intervir en varias probas  onde fixeron unhas excelentes intervencións co noso club filial Escola Atlética Lucense.  

 Logo da xornada de competición, viñeron de volta para casa con moi boas sensacións, amigos novos, e como non,  axudando a conseguir dous títulos galegos por equipos,  os Sub-10 masculino o ouro e as Sub-10 femininas a prata. 

 Deixámosvos o balance de probas e  resultados dos nosos atletas: 

Nadia Coello Bascoy, de A Guarda:                

- 1ª en 50 m.l: 8"09.                 

-  4x50 m. / Bronce / xunto coas súas compañeiras da Escola Atlética Lucense  (Maruxa González, Arhane Iglesias e Sara Real): 34" 81. 

Alan de la Fuente Maculewicz, de Tomiño:

-  2º  en 500 m.l.: 1´34"65.                 

-  4x50 m. / Bronce / xunto cos seus compañeiros da Escola Atlética Lucense (Simón Freire, Daniel Guerrero, Luca Villar): 33" 81. 

Daniela Asesnio Lorenzo, de O Rosal:                  

- 1ª en 60 m.l.: 8" 96. 

Xoel Pérez Montero, de Tomiño:                 

- 3º en 60 m.l.: 9" 06. 

Marco de la Fuente Maculewicz, de Tomiño:

- 6º, en 1.000 m.l.: 3´36" 95 

Grazas Escola Atlética Lucense por contar connosco.   

 Felicidades mozos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario