ANTONIO LOMBA BAZ, DO PSdeG-PSOE, PRESENTOU SÚA RENUNCIA COMO CONCELLEIRO
A corporación municipal tomará coñecemento oficial dese feito, na sesión plenaria extraordinaria que celebrará o luns día 26 de xuño, ás 10:00 horas, na Casa do concello
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o alcalde do concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, fixo pública a convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria, que se celebrará na Casa do Concello o luns día 26 de xuño, ás 10:00 horas.
Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1.SORTEO MEMBROS MESAS ELECTORAIS ELECCIÓNS XERAIS DO 23 DE XULLO 2023.
2.Expediente 1709/2023. TOMA DE COÑECEMENTO RENUNCIA CONCELLEIRO ANTONIO LOMBA BAZ.
_________________________________________
En relación ao punto 2. da orde do día, reproducimos o contido do documento asinado no día de hoxe polo alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, no que consta o seguinte:
EXPEDIENTE 1709/2023
TOMA DE COÑECEMENTO DA RENUNCIA AO CARGO DE CONCELLEIRO PRESENTADA POR DON ANTONIO LOMBA BAZ
Vista a renuncia subscrita por DON ANTONIO LOMBA BAZ ao seu cargo de concelleiro desta corporación, número RE-2226 en data 19.06.2023.
En cumprimento dos artigos 9.4 do RD 2568/1986, de 26 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 182 da LO 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o Pleno da Corporación adopta o seguinte
ACORDO:
PRIMEIRO.- Tomar coñecemento da renuncia ao cargo de Concelleiro do Concello da Guarda presentada por don Antonio Lomba Baz.
SEGUNDO.- Remitir certificación deste acordo á Xunta Electoral Central xunto cunha copia da renuncia e indicación de que a persoa á que lle corresponde cubrir a vacante, a xuízo desta Corporación, é don Rafael Álvarez Martínez seguinte na mesma lista electoral (PSdG-PSOE) e solicitando á dita Xunta Electoral que remita a correspondente credencial para que poida tomar posesión do seu cargo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario