16 de maio de 2023

TRIBUNA ABERTA

CON MOITO RESPETO A TODOS, OPINO




Manuel Vázquez de la Cruz 

 Aclaro para comenzar que eu non son do BNG nen nacionalista. Pero en Tui, na miña opinion, nas munipais leva este partido a mellor candidatura. Con moito mais pobo, máis clase traballadora e menos clasista. Polo tanto máis coñecedor da xente normal que é a maior parte da poboación e a que máis necesita un bo goberno municipal.

 E aclaro que sei seguro, absolutamente seguro, que Carmen Núñez Méndez pode ser unha gran alcaldesa no concello de Tui.

 Teño que dicir que xentes de distintas tendencias, mesmo afiliados a outros partidos, así mo afirmaron en privado. 

 É unha boa persoa que só se debe así mesma e é de esquerdas. Do BNG pero heterodoxa. A min gústanme as boas persoas e heterodoxas dentro da súa ideoloxia. É de intelixentes non ser sectario e ela non o é en absoluto.

 Ten sobre todo unha gran calidade que o ser unha gran traballadora e que remata todos os traballos que empeza. Non deixa nada sen terminar porque iso vai contra o seu xeito de ser.

 A peonalización da zona monumental é un claro exemplo. A súas constantes e ben estudiadas intervencións nos plenos son parte importante de seu haber político demostrable.

 Carmen aporta paz. Ao redor dela, no seu equipo, non penso que dúas persoas poidan levarse mal hasta o punto de non dirixirse a palabra.

 As leas internas están presentes demasiadas veces nos partidos políticos e son unha rémora no bo gobernar.

 Ela saberia poñer paz. E no seu goberno habería a unidade necesaria para gobernar. Pero aseguro, que se fixera falta, Carmen exerceria de alcaldesa porque tampouco lle falta, nen moito menos, carácter.

 A candidata do BNG escoita. Sabe escoitar, toma nota e nada fica no caixón parado, esquecido de verdade ou de mentira. Polo tanto cando en calquer sítio do concello xurda un problema, pode resolvelo ou non, non sempre será posible, pero nunca, nunca -repito-, lle dará ás costas. 

 Ese non é o seu estilo.

 E leva a Galícia no seu corazón pero tamén a todos os homes e mulleres do mundo que sofren por ser oprimidos e explotados.

 Por todo eu síntome en política municipal moi preto dela.

 E sobre todo porque nun lugar preferente de seu pensamento ten a lembranza, sempre, o mesmo que eu, dos homes e mulleres, nenas e nenos do Sáhara Occidental. O pobo que foi abandoado pola España franquista primeiro, ignorado por todos os gobernos da democracia e vendido e traicionado e por unha parte do goberno español actual. 

 Non é certo que as municipais non teñan moita política, nen que todos os políticos sexan igoais. Teñen política e están absolutamente ligadas a un xeito de cómo as persoas van a disfrutar da vida no lugar no que viven, aman e poden enfermar e sufrir.

 E iso, tan fundamental, e a parte importante dos que creen que a sanidade ten que estar por riba do negocio.

 Hai política nos municipios e tamén hai negocio que as veces pasa por riba das persoas. Iso pode empezar a pasar o día 29 de mayo. Non pasará, seguro, se temos a Carmen de alcaldesa.

 Porque ese día hai xente que pode gañar diñeiro e xente que pode perder paixases e xeitos do vivir no día a día: escolas, sanidade, auga, soles, sombras, aires limpos, silencios, bosques, servicios públicos, conxuntos monumentais…

 Claro que hai política!

 Carmen é unha excepcional médica. Cura con medicamentos e coa súa cara bondadosa que ensina o que é e cómo é.

 Non ten trampa. Non necesita sorrir nos carteis electorais nen poñer no mesmo ningún outro tipo de cara. No seu cartel está a súa faciana de sempre, de todos os dias: paz, bondade e compromiso co seu traballo.

 Será unha gran alcaldesa, coa mesma cara e dialogante. Pero tamén saberá exercer autoridade democrática cando teña que facelo.

 Eu agardo que en Tui, con ela impulsando a idea, se faga un congreso sobre o efecto dos eucaliptos na terra e na auga. E estúdese o horror do gran incendio que pode chegar calquer día polas copas dunhas árbores que, fóra do seu sitio e con marcos de plantación ínfimos, estáse convertendo nun monocultivo do monte en Galicia. 

 Cando a calor apreta, a humidade relativa baixa e hai un chisco de vento, poderá morrer moita xente. 

Esa catástrofe pode ser tremenda.

 Tui, 15 de maio do 2023

 Este escrito e moito máis que un apoio a unha candidatura. Quere ser un abrazo á vida no municipio que espero teña de alcaldesa a unha persoa excepcional.

 Desde a miña admiración de vello, que por selo, non é fácil sentila e decila claramente. 

 Neste caso o esforzo é fácil, e inda por riba séntese un satisfeito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario