JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO APOIA Á CANDIDATURA DO PSdeG-PSOE QUE LIDERA VIOLETA DE SANTIAGO
Infogauda / Tomiño
No segundo día da campaña das eleccións municipais á celebrar o vindeiro 28 deste mes de maio, Violeta de Santiago Moure, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tomiño, estivo coa veciñanza da parroquia de Sobrada. Nese acto tamén participaron Maica Larriba García, José Ramón Gómez Besteiro e Marina González Solleiro.
Na súa intervención, "Marina González falou da súa parroquia, que tanto ama e que tanto cambio merece e necesita", afirman fontes do PSdeG-PSOE de Tomiño.
"Tamén tivemos a inestimable visita de Ramón Gómez Besteiro, que nos dedicou palabras de alento, e con quen sempre lle estaremos agradecidos.
A ronda de intervencións rematou coa forza da nosa candidata á alcaldía, Violeta de Santiago.
Por último queremos agradecer á asistencia da veciñanza así como a colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sobrada, pola cesión das súas fantánticas instalacións".
Ningún comentario:
Publicar un comentario