26 de maio de 2023

TOMIÑO

Tomiño prepárase para acoller un tramo da I Volta Ciclista ó Baixo Miño  

A cita será o vindeiro 4 de xuño cun percorrido de 125 km con saída dende Oia   


Presentación da Volta Ciclista ó Baixo Miño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño prepárase para acoller un tramo da primeira edición da Volta Ciclista ó Baixo Miño, unha proba organizada polo Team Oiense en colaboración co Concello de Tomiño e co resto dos concellos da comarca, dirixido a deportistas Élite e Sub 23 e puntuable para o ránking nacional e a Copa Galicia nestas dúas categorías.  

 Xa está aberta a inscrición para participar nesta proba que acollerá a ata 200 deportistas e que se celebrará o vindeiro 4 de xuño. Será un percorrido de 125 quilómetros con saída ás 10.00 horas dende o Mosteiro de Oia e ás 13.15 h dende o campo de fútbol deste mesmo municipio.  

 O concelleiro de Deportes, Fran Campo, convidou á veciñanza a desfrutar desta nova proba que promete convertirse nunha cita destacada no calendario deportivo da comarca a nivel rexional e nacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario