Remataron con gran éxito os obradoiros de conciliación realizados nesta Semana Santa na Guarda
• Creados para favorecer a conciliación laboral e familiar, ao longo da pasada Semana Santa, un total de 30 rapaces e rapazas participaron neles.
Infogauda / A Guarda
Coincidindo cos días non lectivos polas vacacións escolares de Semana Santa, os obradoiros tiveron lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril, en horario de 8:30 a 14:30h no Centro Cultural de A Guarda.
Co obxectivo principal de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral no devandito período, así como promover a sensibilización en igualdade entre nenos e nenas dentro das diferentes actividades que se realizaron, estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas realizáronse de xeito gratuíto.
As crianzas tiveron a oportunidade de realizar diferentes actividades, con xogos, manualidades,…, nas que a convivencia e participación fixeron que a cativada da casa estivese activa e entretida, puidendo así os seus maiores, conciliar a vida familiar e laboral.
Para o Concello de A Guarda é moi importante favorecer a conciliación laboral e familiar con obradoiros deste tipo, que ano a ano espertan un gran interese e contan cunha gran demanda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario