31 de mar. de 2023

A GUARDA

INCREIBLE EXPERIENCIA NO PROXECTO EUROPEO “TEATRADAS – O teatro dános ás para voar” LIDERADO POLA ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI


Ao longo de toda esta semana un grupo de nada menos que 36 persoas mozas galegas experimentan unha vivencia inesquecible, participando no primeiro Intercambio xuvenil internacional en Italia, xunto con outros 17 mozos italianos

Foto: A.S. X. E.

Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda

 A Asociación San Xerome Emiliani, de A Guarda (Pontevedra), entidade sen ánimo de lucro promovida por nais, pais, familiares e amigos de persoas con diversidade intelectual, que facilita ao devandito colectivo e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para o seu crecemento persoal, integración socio-laboral, igualdade de oportunidades, desenvolvemento comunitario e inclusión, lidera o proxecto “O teatro dános ás para voar”, proxecto europeo cofinanciado polo Programa Erasmus+ Mocidade.  

 Ao longo de toda esta semana un grupo de nada menos que 36 persoas mozas galegas experimentan unha vivencia inesquecible, participando no primeiro Intercambio xuvenil internacional en Italia, xunto con outros 17 mozos italianos.  

 Á iniciativa proposta pola Asociación San Xerome quixeron unirse outras doce entidades galegas que traballan para as persoas con diversidade: ACCESCA (Porriño); ALENTO (Vigo); AMICOS (Boiro); APAMP (Vigo); ASPABER (Carballo); CENTRO JUAN MARÍA (Nigrán); EVD (Crecente); EVD (Mos); FOLTRA (Santiago); IGUALARCHE (Vigo); SAN RAFAEL (Vigo) e TERRAS DE CELANOVA (Celanova), 10 delas pertencentes a IN-REDE: Asociación empresarial galega de entidades non lucrativas da discapacidade, e unha entidade italiana: a Associazione Pegaso onlus (Bisceglie, Bari). Todas entidades socias do proxecto, coas que San Xerome traballa en estreita colaboración, para axuntar esforzos e, en equipo, conseguir con máis forza axudar ás persoas con diversidade a ter unha vida mellor.  

 O día a día das nosas entidades é que as persoas con diversidade intelectual poidan gozar con dereito das mesmas oportunidades, soños e aspiracións que o resto de persoas sen diversidade. O camiño cara á inclusión real conséguese pasiño a pasiño, con pequenas accións que supoñen impactos incribles nas nosas persoas. Un pequeno logro en aparencia, é un gran reto e un logro enorme para unha persoa con diversidade, que ten que triplicar esforzos para conseguir alcanzar o que desexa, cando a mesma persoa, sen diversidade, teríao ao alcance da súa man sen grandes dificultades.  

 Isto intensifícase se falamos de mozos con diversidade con grandes necesidades de apoio, para os que as opcións de aprendizaxe, interrelación e goce son aínda máis limitadas, e os recursos a disposición nas nosas entidades verdadeiramente escasos para poder ofrecerlles o dereito para ter as mesmas oportunidades que o resto de mozas/os.  

 Todos e cada un dos nosos mozos con diversidade soñan con vivir experiencias como o resto de mozos da súa idade. Soñan con viaxar en avión; con ir por primeira vez a outro país; con coñecer a persoas que falen outro idioma e poder entenderse; con facer amizades; con compartir aprendizaxe e momentos inesquecibles con outros mozos, etc… Algo tan sinxelo e alcanzable para moitos, é para elas/os un soño, unha ilusión. E como tal, merece ser ofrecida e vivida.  

 Cumprir estes soños e dar resposta a estas necesidades é un reto moi complexo, sobre todo cando se trata de mozos con grandes necesidades de apoio. Pero esa é a nosa misión, a das nosas entidades: construír as ás e axudar a voar ás nosas mozas e mozos, alí onde desexen chegar. Ata o infinito ida e volta, se é necesario.  

 Unha das maiores barreiras que limitan a nosas/os mozas/évos a comunicación. As persoas sen diversidade comunicámonos facilmente mediante unha linguaxe verbal, apoiado por outros rexistros, pero é a forma máis natural e sinxela de entenderse entre os mozos, de relacionarse.     

 Isto é unha gran dificultade para nosas mozas/os con diversidade á hora de integrarse, de interactuar con outras/os mozas/os sen diversidade, de establecer amizades, de “ser parte do grupo”, porque moitas/os de elas/os non poden comunicarse de forma verbal, e outras/os teñen mesmo grandes dificultades para facelo de forma non verbal.  

 O teatro é un excelente medio de comunicación para nosas mozas e mozos, pola espontaneidade, a improvisación, a liberdade creadora, a inspiración, a beleza que xeran e envólveos, e que non deixan a ninguén indiferente. Neste medio son libres, libres de crear, de transmitir, de expresar, de manifestar, de sentir e facerse sentir, de empaparse os uns dos outros, de chegar aos demais e de que os demais cheguen a eles. De compartirse, en definitiva.  

 Por iso, o obxectivo de TEATRADAS é proporcionar ás nosas mozas e mozos con diversidade intelectual a oportunidade de compartir unha experiencia de intercambio xuvenil internacional sen dúbida sumamente enriquecedora para elas/os, que lles permita utilizar o teatro como medio de comunicación, sen límites físicos, intelectuais, sensoriais nin lingüísticos, axudándolles deste xeito a facer realidade os seus soños, como poden facelo o resto de mozas/os de a súa idade.  

 Durante oito días, desde o pasado domingo 26 de marzo ata o vindeiro domingo 2 de abril, un grupo formado por 27 mozos con diversidade intelectual (17 galegas/os e 10 italianas/os), xunto con outras 26 persoas acompañantes de apoio, están a vivir unha experiencia única e irrepetible en Italia, experimentando o teatro e expresión corporal como medio de comunicación, xerador de vínculos e novas amizades. Conducidos pola actriz Pia Wachter, directora do proxecto teatral ”La luna nel pozzo” de Ostuni (Brindisi), as persoas participantes experimentan cada día novas formas de comunicación a través dos Laboratorios artístico-teatrais do proxecto. Sen barreiras, sen límites. Comunicación sen fronteiras en estado puro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario