ANA PONTÓN ACOMPAÑARÁ A ANXO BAZ NA PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO BNG NA GUARDA
• O sábado 18 de marzo ás 7 da tarde na Praza do Reloxo. En caso de choiva trasládase ao Recreo Artístico Guardés
Infogauda / A Guarda
O sábado 18 de marzo ás 7 da tarde na Praza do Reloxo celebrarase o acto de presentación da candidatura do BNG ás próximas eleccións municipais. En caso de choiva trasládase ao Recreo Artístico Guardés.
O candidato á alcaldía, Anxo Baz, estará acompañado pola portavoz nacional do BNG Ana Pontón. No acto tamén participarán Bea Lomba e Rodrigo Pacheco, números dous e tres, respectivamente, da candidatura.
Anxo Baz declarou “estou enormemente satisfeito polo gran equipo que conformamos. Un equipo con gran capacidade, formado por persoas de varias xeracións, unidas pola ilusión de sacar A Guarda do estancamento que padece e por un enorme compromiso con esta Terra”.
Os nacionalistas convidan a todos os guardeses e guardesas a asistir a este acto no que se dará a coñecer a candidatura completa do BNG ás próximas eleccións municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario