2 de feb. de 2023

OIA

Segundo afirman desde a Agrupación do PSdeG-PSOE

O BNG de Oia aprópiase das iniciativas que promoven os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE

• Gerardo Rodríguez (portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE): Os Socialistas si temos proxecto de futuro para o Concello de Oia, lonxe dun despreocupado PP que non deixa de dar as costas aos seu veciños e veciñas. 

 

Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia
Foto: GMS


Infogauda / Oia

 A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia, vén de facer público un comunicado no que afirma: 

 "Leticia Gallego lamenta que o Goberno galego non faga “absolutamente nada” para resolver un problema de primeira orde nun Concello atendido por instalacións de tratamento primario que “non serve de nada”. 

 A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou xa no mes de outubro de 2022 o Concello de Oia, onde mantivo un encontro co portavoz socialista, Gerardo Rodríguez, e membros do grupo municipal socialista, para reclamarlle á Xunta que constrúa de urxencia unha depuradora para frear os constantes vertidos rexistrados no Concello. 

 O PSdeG-PSOE de Oia vén de comprobar agora como en reiteradas ocasións o BNG local se ven apropiando de iniciativas postas en marcha dende fai xa tempo polo PSdeG-PSOE.

 

Foto: GMS

 Deste xeito observamos como nas súas canles en redes sociais o BNG anunciou recentemente iniciativas coma a moción presentada no pleno de xaneiro sobre “Creación do servizo de baleirado de fosas sépticas e pozos negros”, cando o PSdeG, a través da súa parlamentaria Leticia Gallego, xa presentou esta iniciativa no pleno do parlamento en setembro de 2021, previa a ser presentada tamén no plenario municipal en Oia. 

 Está claro que en Oia o saneamento é un problema moi preocupante e que afecta a moitos veciños e veciñas de Oia e, lonxe de crear debate co BNG, asegura Gerardo Refojos, “o máis importante é que a Xunta e o Partido Popular aposten polo saneamento en Oia, senón que deixen paso ao PSdeG, que si ten proxecto de futuro para Oia e se preocupa polo ben xeral dos seus veciños e veciñas.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario