ADETO E O COMERCIO LOCAL REPARTEN MÁIS DE 1.500 EUROS EN PREMIOS
• Os premios repartíronse entre 21 clientes do comercio local gañadores do sorteo
Gonzalo Lomba / Tomiño
O pasado venres, no salón de Plenos do Concello de Tomiño, a Asociación de Empresarios de Tomiño (ADETO) puxo o broche de ouro á campaña de Nadal coa entrega de premios aos gañadores do sorteo celebrado o día 5 de xaneiro.
Os gañadores, 21 en total, repartíronse máis de 1.500 euros en premios, divididos en lotes de tres premios para cada un. Os regalos, aportados polos comercios pertencentes a ADETO comprendían vales para gastar en roupa ou alimentación, accesos gratuitos a actividades, produtos exclusivos ou regalos sorpresa.
Con este acto, o Centro Comercial Aberto de Tomiño deu por finalizada unha campaña de Nadal que tamén incluíu a visita de Papá Noel a Tomiño e a Goián, e unha exitosa chocolatada popular que agardan repetir nos vindeiros meses. Todas estas accións de promoción do comercio de proximidade realizáronse coa colaboración e o financiamento do Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia.


Ningún comentario:
Publicar un comentario