21 de xan. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O POBO DE CAMPOSANCOS CELEBROU CON ÉXITO TOTAL SÚA XXIV PALETADA LACONADA

 Cunha participación de 300 comensais
















Reportaxe fotográfica: C.MM.VV. en M.C. de Camposancos


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
 
 Continuando unha tradición que provén de tempos antigos, e que cada ano, pola festividade de San Amaro (en Camposancos dícese Sanamaro), a veciñanza camposina celebra a nivel doméstico a agardada paletada; o pobo de Camposancos, respondendo á iniciativa da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, que tivo á feliz iniciativa de organizar un evento gastronómico denominado Paletada Laconada, vén festexando en cada mes de xaneiro ese saboroso xantar colectivo. De tal xeito que neste 2023 - ao igual que en edicións precedentes - o evento cumpliu con éxito total as expectativas dos 300 comensais - número acordado oportunamente pola organización - que déronse cita no magnífico salón do restaurante do Hotel El Molino, a carón da praia do Forte. Compre salientar que entre os comensais houbo comuneiros, familiares e amigos, así como tamén outras persoas que sen ser comuneiros tamén se anotaron oportunamente nas datas indicadas pola organización.

 Como vén sendo costume o xantar estivo configurado por productos galegos de proximidade (paleta, lacón, chourizos, verdura, patacas,...), viño mencía, refrescos, sobremesas, cafés,..., perfectamente elaborados e servidos polo persoal do devandito establecemento de hostalería.

 Ademais, mantendo unha costume ancestral, tamén houbo rosquillas enfiadas nas tradicionais cañotas, e un animado baile amenizado polo Trío Armonía, no que participaron moitas persoas, e mesmo os camareiros do restaurante. O ambiente foi de total harmonía e o desfrute presidiu unha xornada feliz para todos, na que tamén houbo tempo para que a banda Do Outro Lado do Monte expresase seu agradacemento a xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, polo seu apoio.

 En definitiva, Camposancos anotouse un novo éxito na súa XXIV Paletada Laconada, que ben merece un forte aplauso. Especialmente por lograr aglutinar a tantas persoas, compartindo en boa compaña un saboroso xantar e dese xeito pór en práctica o mellor que temos os seres humanos: a capacidade de comunicarnos, entendernos e ser felices. Esas son, o noso modesto entender, algunhas das claves para unha sociedade mellor. 

1 comentario: