15 de dec. de 2022

TOMIÑO

A Agrupación Musical de Goián pechará o 2022 co seu tradicional Concerto de Nadal 

A actuación, para todos os públicos, será este domingo 18 ás 18.00 h no auditorio de Goián con entrada de balde  




Infogauda / Tomiño

 A Agrupación Musical de Goián prepárase para pechar o ano con moita música e por todo o alto. Este domingo 18 de decembro as e os seus integrantes subiranse ao escenario do Auditorio de Goián para celebrar agasallar ao público co seu tradicional Concerto de Nadal e poñer o broche de ouro a este 2022. A cita será ás 18.00 horas con entrada de balde ata completar aforo.

 Durante o concerto intervirá a gran maioría do alumnado da Escola de Música, dende os máis pequenos, de Xardín Musical, ata os maiores, ademais da Banda Infantil e da propia Agrupación Musical de Goián, que estará baixo a batuta de Pedro Villarroel. 

 A alcaldesa, Sandra González, convida a toda a veciñanza a asistir a este encontro no que a música será a gran protagonista e na que a Agrupación Musical de Goián promete impresionar con moitas sorpresas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario