O APALPADOR VISITARÁ TOMIÑO, TUI E SALCEDA, GRAZAS AO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ‘NADAL EN GALEGO’
O carboeiro de barba vermella reunirase esta tarde coa deputada de Lingua María Ortega no Pazo Provincial para desexar unhas felices festas a toda da provincia
Na mañá de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitou o Pazo Provincial, onde foi recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua
Foto: D.PO.
Infogauda / O Baixo Miño
O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano tres concellos da comarca do Baixo Miño da man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’.
Na mañá de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitou o Pazo Provincial, onde foi recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e desexou boas festas a toda a provincia.
Ademais de hoxe en Pontevedra, o Apalpador xa estivo onte en Tui na Área Panorámica e volverá o día 31 de decembro ás 12:30 a Tomiño, e o 2 de xaneiro a Salceda de Caselas (19h). Os percorridos itinerantes do pasacalles polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.
Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasacalles, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.
O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.
O APALPADOR VISITARÁ SETE CONCELLOS NA COMARCA DO CONDADO-PARADANTA GRAZAS AO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN ‘NADAL EN GALEGO’
O carboeiro de barba vermella reuniuse esta tarde coa deputada de Lingua, María Ortega, no Pazo Provincial para desexar unhas felices festas a toda da provincia
Mañá serán as primeiras actuacións en Mondariz e Mondariz Balneario
O Apalpador visitará este ano sete concellos da comarca do Condado Paradanta man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’.
O Apalpador estará mañá no Condado nos concellos de Mondariz (17h) e Mondariz Balneario (19h).
Despois, o 26 de decembro chegará ás 11 da mañá a Arbo, ás 12.30 horas á Cañiza, e pasará ás cinco da tarde por As Neves e pechará a xornada ás 19.00 en Salvaterra de Miño.
O día 2 de xaneiro será cando estará en Ponteareas, ás 11 da mañá. Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario