MARÍA JOSÉ BAZ E O GRUPO ANTORCHA LEVAN SÚAS PANXOLIÑAS A CAPITAL DE GALICIA
• Actuarán no programa "Estamos contigo", de Radio Obradoiro
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como resposta a un novo e xentil convite do xornalista Luis Rial Suárez, veterano director e locutor radiofónico, que presenta o programa 'Estamos contigo' en Radio Obradoiro - ubicado, entre outras, nas seguintes frecuencias do dial: Pontevedra 101.7 Fm; Vigo 107.7 Fm; Ponteareas 97.7 Fm,... -, a cantautora María José Baz Martínez e unha representación de compoñentes do Grupo de Corda Antorcha, que ela dirixe, desprazaranse mañá xoves día 22 de decembro de 2022, ata Santiago de Compostela para actuar en directo no devandito programa.
Desde A Guarda, María José Baz e súas amigas e compañeiras do Grupo Antorcha levan a capital de Galicia, súas presenzas, voces e acordes musicais, como un intemporal e verdadeiro agasallo de Nadal.
Nos estudos de Radio Obradoiro compartirán uns momentos de sa amizade con Luis Rial e seu equipo - formado por Quico Fernández, José Antonio Abellán, Rosa García Caro, Felipe de Luis, Mara Colás e Sharay Abellán - e interpretarán para toda a audiencia de 'Estamos contigo', panxoliñas populares e unha moi especial que adaptaron para ese programa de radio.
'Estamos contigo', é un espazo aberto á solidariedade e á participación dos ouvintes, que se emite entre ás 00.00 e ás 03.00 horas, de luns a venres. Para participar en directo pódese chamar ao teléfono 981 54 38 40 ou ao móbil / whatsapp: 630 54 93 16.
'Estamos contigo' reemítese entre ás 03.00 e ás 06.00 horas entre o luns e o venres.

Ningún comentario:
Publicar un comentario