23 de nov. de 2022

VIGO

Persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Vigo mobilízanse diante da Xunta 

 Coincidindo co envío dun escrito á delegada territorial para trasladarlle as súas reivindicacións


Un grupo de integrantes do Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da central sindical desenvolveron hoxe unha concentración ás portas do edificio autonómico

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Un grupo de integrantes do Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da central sindical desenvolveron hoxe unha concentración ás portas do edificio autonómico a partir das 11:00 horas, tras o que fixeron o envío telemático dun escrito dirixido á delegada provincial da Xunta, Marta Fernández Tapias, no que recollen as principais reivindicacións da CIG para as persoas maiores e a atención á dependencia.

 Entre elas, a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que agrupe nun único ente público todos os servizos de atención á dependencia: residencias de maiores, centros de día, axuda no fogar, xantar na casa, transporte adaptado, etc.

 Tamén o incremento dos orzamentos e do número prazas públicas dispoñíbeis, con prezos acordes ás pensións galegas.

 E medios e persoal suficientes para garantir unha atención digna á dependencia e unha maior axilidade na valoración das solicitudes.

 Así como a reversión para a xestión pública daqueles edificios residenciais que os Gobernos do PP cederon a empresas e fundacións privadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario