14 de out. de 2022

A GUARDA

A Guarda recibirá do 24 ao 26 de outubro a unidade móbil de Coidados porta a porta  

É preciso pedir cita previa chamando ao teléfono 622 748 283


O alcalde e membros do equipo de goberno municipal, nunha visita anterior á unidade móbil do programa Coidados porta a porta

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil do programa de Coidados porta a porta estará instalada na Finca de Fínola entre o 24 e o 26 de outubro, ambos incluidos.  

 Para esta visita na Guarda da devandita unidade móbil de coidados sociosanitarios, é preciso pedir cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283 ou contactar a través do enderezo de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

 As consultas ofertadas consisten en revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.  

 Estes servizos sociosanitarios mediante unidades móbiles están pensados para achegar a atención as zonas rurais con dispersión poboacional. Plantéanse coma unha alternativa para evitar desprazamentos e levar achegar os servizos a cidadanía.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario