A OMIX de A Guarda organiza o obradoiro “Conversas en Inglés
• Será de balde para as persoas participantes
• As inscricións poderán facerse na OMIX nas súas redes sociais, no enderezo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda organiza un obradoiro de práctica de inglés nivel B2, no cal crearanse situacións cotiás nas que practicar o idioma e así mellorar as nosas ferramentas comunicativas.
O curso impartirase os luns e mércores de 20:30h á 22:00h a partir do 3 de novembro, e será de balde para as persoas participantes.
Toda a información e inscrición poderá facerse na OMIX nas súas redes sociais, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extension 7.
Ningún comentario:
Publicar un comentario