XXV Encontro de Bandas de Música en Goián
Mércores, 29 de xuño, no Espazo Fortaleza, ás 21:00 horas
Infogauda / Goián
Entre as primeiras citas da axenda cultural de verán do Concello de Tomiño atópase a do XXV Encontro de Bandas de Música en Goián, que terá lugar este mércores, 29 de xuño. A cita será no Espazo Fortaleza, ás 21 horas. Despois de dous anos de pandemia, a Agrupación Musical de Goián volve celebrar o tradicional Encontro de Bandas de Música nun escenario moi particular.
Por outra banda, o día 30 de xuño ás 20.00 horas, inaugurarase a exposición do escultor Carlos Fernández, de Goián, que traballa en bronce, pedra, mármore e madeira e destaca por ser un gran retratista. A mostra permanecerá aberta na Aula Museo Pintor Antonio Fernández até o 10 de xullo.
Fonte: Concello de Tomiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario