14 de maio de 2022

EDUCACIÓN

O IV Concurso de Podcasts 'Radio na biblio' premia o traballo de centros de Cedeira, Malpica, A Guarda, Vigo e A Coruña polo Día das Letras Galegas  

O certame, impulsado pola Xunta de Galicia, dedícase cada ano á persoa homenaxeada con motivo Día das Letras Galegas, neste caso a Florencio Delgado Gurriarán 


Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Xunta de Galicia, en colaboración coa Radio Galega, vén de premiar o traballo de centros de Cedeira, Malpica, A Guarda, Vigo e A Coruña no o IV Concurso de Podcasts Radio na biblio, que este ano se centra na figura do poeta, articulista, tradutor, editor, activista cultural e político no exilio Florencio Delgado Gurriarán. O obxectivo do certame é estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos en galego, reforzar a lectura de poesía nesta lingua ou o achegamento ao mundo da edición, da tradución e da cultura galega en América. 

 O certame consta de catro modalidades, segundo o nivel do ensino (Infantil e primeiro ciclo de Primaria, resto de Primaria, ESO e unha cuarta para Bacharelato, ensinanzas de persoas adultas ou ciclos formativos). Os traballos premiados, cada un deles cunha asignación de 1.000€, en cada unha delas son os seguintes:



 Os equipos galardoados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela. Os traballos premiados serán emitidos por esta emisora e serán difundidos a través da súa páxina web e da canle dixital do Diario Cultural.

 Puideron participar neste concurso os 138 centros públicos participantes no programa Radio na Biblio, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como outros centros que traballan xa co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica. Nesta cuarta edición do certame participaron 70 centros educativos que enviaron 105 traballos.

 O certame enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021/2025 de Bibliotecas Escolares, que contempla o reforzo dos programas que inciden na formación do alumnado no seu acceso aos medios de comunicación, como é o caso, con propostas que promovan o coñecemento e un uso responsable da información en múltiples formatos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario