8 de mar. de 2022

O ROSAL

O Rosal súmase ás concentracións de apoio ao pobo ucraíno    

O acto celebrarase este mércores 9 ás 12.00 h nos xardíns do Concello. Unha concentración silenciosa de cinco minutos coa que se quere mandar unha mensaxe de solidariedade e apoio   


Infogauda / O Rosal

 O concello do Rosal participa na iniciativa promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en solidariedade co pobo ucraíno. O obxectivo é lanzar dende o conxunto dos municipios do Estado unha mensaxe de apoio e afecto a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola invasión Rusa a Ucraína. 

 Unha actividade que se enmarca dentro das accións desenvolvidas polos concellos, a través do Goberno de España e en coordinación coa Unión Europea, co envío de material humanitario, imprescindible para a poboación neste momento, como é o caso de medicamentos e alimentos. 

 A concentración celebrarase este mércores 9 de marzo ás 12.00 nos xardíns do Concello. Un acto silencioso que lanzará unha mensaxe de apoio e afecto a todas as ucraínas e ucraínos.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario