8 de mar. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda informa sobre como combater os niños primarios da vespa velutina  




Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo á seguinte nota, que reproducimos textualmente:

 "Dende o Concello da Guarda, queremos apelar a cidadanía pola importancia da súa colaboración nestas datas para combater as vespas velutinas. Dende o mes de febreiro ata o mes de maio as raíñas  fundadoras da vespa velutina saen a formar o niño primario, por iso é moi importante o trampeo por parte da cidadanía, xa que nos axuda ao control da especie nesta época. Cada raíña velutina collida nestas datas tradúcese nun niño menos. A construción dos niños adoita ser en lugares resgardados (troncos ocos, teitos de uralita, estruturas abandonadas, etc).  

 A vespa velutina xera un gran impacto na biodiversidade da contorna. Debido a súa gran voracidade pode afectar moi seriamente as colonias de especies autóctonas.  

 Prégase a todos os veciños que cando vexan un niño chamen o 012. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario