Red.es é a entidade gubernamental impulsora da Axenda Dixital en España
Red.es mellorará a conectividade de cinco centros de investigación da provincia
· As actuacións enmárcanse dentro do Plan Uni-Dixital do Ministerio de Universidades e serán financiadas con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
· En total, resérvanse máis de 3,9 millóns de euros para a mellora das infraestruturas dixitais de centros tecnolóxicos e de investigación galegos
Infogauda / Pontevedra
Red.es, entidade pertencente ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, estenderá a conectividade avanzada en cinco centros de investigación, tecnolóxicos e académicos da provincia. En concreto, no Centro Tecnolóxico AIMEN (O Porriño), no Centro Galego de Innovación Aeroespacial (Nigrán), no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (O Porriño), no Campus do Mar da Universidade de Vigo (Vigo) e na Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra).
Nestes centros, xunto ao Centro de Supercomputación de Galicia e outros tres centros da Comunidade Autonóma, Red.es estenderá a fibra óptica co obxectivo de que poidan colaborar con outros membros da comunicade científica e académica nacional e internacional a través da RedIris, unha rede de investigación española que proporciona servizos avanzados de comunicacións á comunidade universitaria.
O monto total das actuacións previstas en Galicia, que se enmarcan dentro do Plan Uni-Dixital do Ministerio de Universidades, ascende a 3,9 millóns de euros e serán financiadas con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O Plan Uni-Dixital
O Plan Uni-Dixital ten un orzamento que supera os 140 millóns de euros, que se destinarán á mellora das infraestruturas dixitais e servizos TIC, ao desenvolvemento de software, a medidas de apoio á dixitalización e medidas de coordinación nas Universidades e centros de investigación nacionais.
Red.es é a encarga de desenvolver as accións de mellora das infraestruturas dixitais e servizos TIC e conta cunha asignación de 50 millóns de euros dos fondos europeos para tal fin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario